SOÑOS. ARQUIVOS. CARTAS.

SOÑOS. ARQUIVOS. CARTAS.

-5%
13,50 €
12,83 €
IVA incluido
Disponible
Editorial:
XERAIS DE GALICIA, EDICIONS
Año de edición:
ISBN:
978-84-9121-332-1
Páginas:
80
Encuadernación:
Rústica
Dimensiones:
150x220 mm
-5%
13,50 €
12,83 €
IVA incluido
Disponible

"Soños. Arquivos. Cartas" é unha obra experimental e aberta que entra en diálogo co diario poético e co xénero epistolar, explorando os puntos de xuntura entre estas dúas modalidades de escrita. Fronte á tradición que ve no poema o reino da expresión subxectiva, o libro sostén que a poesía é un xeito privilexiado de apertura aos outros. "Soños. Arquivos. Cartas" componse de fragmentos cosidos por un fío narrativo, non propiamente novelesco, que é o da vida, o dos días pasados e presentes, posto ao servizo dunha procura: falar das condicións nas que ese lume lento que sempre arde nas mans e que chamamos poesía pode ou non ser transmitido ás ávidas mans daqueles que o procuran. Un libro que, a imitación do delgado fío vermello da vida, ve na poesía unha herdanza oculta que pasa por enriba de case todo e de case todos. Por iso mesmo, é un libro sobre o amor, semellante neste concepto a case todos os da autora. Mais, a diferenza doutros, "Soños. Arquivos. Cartas" non rende tributo aos amores persoais senón á forza que precisamos para que as cousas que acontecen no día a día (as conversas, as lembranzas, os soños, os encontros, os espertares, as noites, os paseos, os poemas) merezan verdadeiramente ser vividas.

Otros libros del autor

  • NON SON DE AQUÍ.
    MARÍA DO CEBREIRO
    Escribir poesía como se non houbese poesía. Falar como se todo o mundo tivese ese dereito. Un libro este de María do Cebreiro que non quere fundar nada. Un movemento que nega o movemento. A distancia pode ser anterior ao sentido de pertenza. O desapego pode ser a condición do amor. ...
    Disponible

    15,95 €15,15 €

  • LOS INOCENTES
    MARIA DO CEBREIRO
    En este libro, que abre un capítulo central en la poesía de María do Cebreiro y que incluye en su versión española un conjunto de prosas inéditas, la poeta asume los riesgos del juego poético, la rabia y la impotencia que llenan la boca de los inocentes, la imposibilidad de decir con otras palabras que no sean éstas, consciente de la necesidad de dejar que las cosas ard...
    Disponible

    17,00 €16,15 €

Formas de Pago