
- Editorial:
- ALIAR EDICIONES
- Año de edición:
- 2025
- ISBN:
- 979-13-87823-40-5
- Páginas:
- 330
- Encuadernación:
- Bolsillo
BALAS DE PAPEL
SEOANE PAZOS, MARTA
Xulia, unha moza arqueóloga de 35 anos, despois de estar sete anos sen comunicarse coa súa familia, recibe novas de que a súa avoa, enferma de Alzheimer, está ingresada sen esperanza de vida. Abandona a expedición na que traballa en Cabo Verde coa idea de volver pronto. Pero a mesma mañá que ela chega a súa casa de A Coruña a súa avoa morre.
Sarah, filla dun diplomático británico e casada co cónsul adxunto da embaixada, decide converterse en espía do servizo de intelixencia. Adopta entón a identidade de Audrey, institutriz na casa do señor Arias, xefe dun estaleiro e propietario sen escrúpulos nun pobo da costa galega onde os nazis explotan unha mina de wolframio.
Que fíos unen as vidas destas dúas mulleres, atrapadas en épocas distintas? Cando Xulia herda a casa da súa avoa Adela descubre que esta tiña un pasado oculto, que tratará de desentrañar para coñecer a misteriosa identidade de Audrey.
Balas de papel, prometedora ópera prima de Marta Seoane Pazos, sitúanos na cambiante paisaxe da costa galega na Segunda Guerra Mundial e en pleno século XXI para atraparnos nos seus misterios fami