Saltar al contenido principal
Noite de Voraces Sombras.
-5%

Noite de Voraces Sombras.

Agustín Fernández Paz

Sara, unha moza de dezaseis anos, narra de forma apaixonada os acontecementos que durante unhas vacacións de verán na casa da avoa foron un auténtico terremoto na súa vida e lle axudarán, dende entón, a enfrontala dunha forma distinta. No cuarto que ocupa sentirá o inquietante desacougo dunha presencia fantasmal. Alí atopará, tamén, un fato de cartas e fotos, unha libreta de ca...

Editorial:
Xerais de Galicia, Edicions
ISBN:
978-84-8302-910-7
Páginas:
176
Encuadernación:
Rústica
13,95 €
13,25 €
IVA incluido
Disponible
Añadir a favoritos

Sinopsis

Sara, unha moza de dezaseis anos, narra de forma apaixonada os acontecementos que durante unhas vacacións de verán na casa da avoa foron un auténtico terremoto na súa vida e lle axudarán, dende entón, a enfrontala dunha forma distinta. No cuarto que ocupa sentirá o inquietante desacougo dunha presencia fantasmal. Alí atopará, tamén, un fato de cartas e fotos, unha libreta de caligrafía apertada e unha selecta biblioteca que a levarán a descubrir unha inesquecible historia de amor e desamor entre dous mestres republicanos, que se produciu durante a Guerra Civil e os amargos anos da posguerra.

Noite de voraces sombras, a nova novela de Agustín Fernández Paz, aborda un tema que hoxe está en primeiro plano, como é a recuperación das vidas e dos ideais que quedaron rotos trala guerra civil e a posguerra, así como a necesidade de que as novas xeracións descubran esa realidade, porque non se poderá construír nada auténtico sobre a desmemoria. Ademais disto, Noite de voraces sombras aborda outras cuestións de non menor importancia: como a presencia permanente do misterio nas nosas vidas, encarnado na trama nunha estraña presencia fantasmal no cuarto da protagonista; e da ambigüidade como xeito de enfrontarse aos acontecementos, que obriga ao lector a dubidar entre se todo é real ou se todo é froito da subxectividade da protagonista.

Despois da publicación de Aire negro, unha novela de amor e terror que obtivo unha grande acollida do público e da crítica, foi "Premio Protagonista Jove", outorgado polos lectores cataláns, e incluída nas Lista de Honra do IBBY e do White Ravens da Biblioteca de Munich, Agustín Fernández Paz ofrece, coa súa característica mestría narrativa, unha obra na que aborda a recuperación das vidas e dos ideais que quedaron rotos trala guerra civil e a amarga posguerra. Unha emocionante novela, onde os sentimentos ocupan un papel moi relevante, sobre a memoria de tantos soños rotos pola guerra, polo exilio e pola distancia.

Artículos relacionados

Arcano Vikingo -5%

Arcano Vikingo

Rl Bagües

Impresión bajo demanda ...

Disponible
43,95 €

41,75 €

La Barraca -5%

La Barraca

Vicente Blasco Ibáñez

Impresión bajo demanda ...

Disponible
14,34 €

13,62 €

Sangre y Arena -5%

Sangre y Arena

Vicente Blasco Ibáñez

Impresión bajo demanda ...

Disponible
17,22 €

16,36 €

Extra?O Caso de un Ni?O Normal y Corriente, el -5%

Extra?O Caso de un Ni?O Normal y Corriente, el

Susana Rico

Mateo es un niño como cualquier otro hasta que una revisión médica revela algo fuera de lo normal. Médicos, enfermeras y hasta la policía se verán envueltos en el caso más extraño (y divertido) que jamás haya ocurrido en un hospital. Mateo es un niño como ...

Disponible
10,95 €

10,40 €

Amor Como Milicia -5%

Amor Como Milicia

Javier Lorenzo Candel

Javier Lorenzo Candel muestra, en este nuevo libro, un cambio hacia temáticas menos transitadas en sus anteriores publicaciones. En esta ocasión es el amor el tema central, cultivado este con el esfuerzo, la resistencia y la valentía, y apareciendo como u ...

Disponible
12,00 €

11,40 €

Sisley -5%

Sisley

Guillaume Morel

Descubra la obra de Alfred Sisley, pintor y grabador impresionista británico. Nacido en Francia de padres ingleses expatriados, pasó allí la mayor parte de su vida. Alfred Sisley fue sin duda el impresionista que se mantuvo más fiel a los principios más p ...

Disponible
9,95 €

9,45 €

Otros libros del autor

A Neve Interminable. -5%

A Neve Interminable.

Agustín Fernández Paz

Un equipo de guionistas -tres mulleres e dous homes- recibe a encarga de escribir os guións dunha futura serie de televisión que se titulará As fronteiras do medo. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nun hostal solitario, nas terras da Fonsagrada. É inverno, no hostal só viven o matrimonio que o rexenta e mais outros tres hóspedes. Ao terceiro día, comeza a nevar. ...

Disponible
13,95 €

13,25 €

Aire Negro. -5%

Aire Negro.

Agustín Fernández Paz

Cando o doutor Vítor Moldes comeza a traballar na clínica psiquiátrica Beira Verde, ten como primeira paciente a Laura Novo, unha muller coa memoria borrada, que ocupa as horas do día en escribir de xeito compulsivo o seu nome, aferrada a el coma se fose o único resto dalgún naufraxio emocional. Mediante unha terapia innovadora, o doutor consigue que a paciente abandone a súa p...

Disponible
13,95 €

13,25 €

Amor Dos Quince Anos, Marilyn. -5%

Amor Dos Quince Anos, Marilyn.

Agustín Fernández Paz

Unha man bota no lume unha foto, que se resiste a arder, pero que acaba feita cinza, coma un soño que se esvaece. Un vampiro solitario vaga polas rúas da noite coruñesa, na procura do seu alimento cotiá. Unha pantasma regresa, como cada vinte cinco anos, ó vello pazo familiar. Velaí algunhas das imaxes que fixeron nacer os cinco relatos de ''Amor dos quince anos, Marilyn''. Un ...

Disponible
13,95 €

13,25 €

Corredores de Sombra (Galego) -5%

Corredores de Sombra (Galego)

Agustín Fernández Paz

Verán de 1995. No pazo dos Soutelo, ao facer unhas obras de restauración, descóbrese un esqueleto dentro dunha alfombra enrolada, oculto entre dous tabiques. Un cadáver emparedado hai máis de cincuenta anos, cun furado de bala na cabeza. Quen é o morto? Que man empuñou a pistola que o asasinou? Clara Soutelo, testemuña involuntaria da descuberta, asume o reto de desvelar o mist...

Disponible
13,95 €

13,25 €

O Centro Do Labirinto. -5%

O Centro Do Labirinto.

Agustín Fernández Paz

A mediados do século XXI, a doutora Sara Mettmann, membro da organización que rexe os destinos de Europa desde a sombra, viaxa a Galicia acompañada polo seu fillo David. A misteriosa desaparición de David será o inicio dunha cadea de desconcertantes sucesos que, coma un estraño pesadelo, acabará arrastrándoos a unha aventura que cambiará para sempre as súas vidas e talvez o des...

Disponible
13,95 €

13,25 €

Rapazas. -5%

Rapazas.

Agustín Fernández Paz

¿Que estraña misión trae un extraterrestre deica o noso planeta? ¿Que sucede cando se mantén unha estarrecedora relación cun fantasma? ¿Que segredo garda unha misteriosa pedra atopada na area dunha praia? Estas son algunhas das preguntas que fixeron nacer os relatos deste libro de Agustín Fernández Paz. Rapazas, un dos clásicos da nosa literatura para adolescentes, recolle seis...

Disponible
13,95 €

13,25 €