
- Editorial:
- ALGAR
- ISBN:
- 978-84-9142-677-6
O DÍA A DÍA DOS OFICIOS. DICIONARIO VISUAL
SUBI
Neste libro atoparedes un repertorio de situacións e imaxes a toda cor e cheas de detalles relacionadas co día a día dos oficios. O mercado, o hospital ou as enerxías renovables son algunhas das escenas que propician a conversa sobre as accións, a adquisición de vocabulario e a reflexión sobre as emocións retratadas. Este Dicionario visual é unha ferramenta útil para enriquecer a lingua e a comprensión dos cativos dunha maneira doada e divertida, con empatía e creatividade. Unha lúdica ollada panorámica sobre o mundo que nos rodea e as persoas que axudan a melloralo co seu traballo.