Saltar al contenido principal
Os Libros Arden Mal.
-5%

Os Libros Arden Mal.

Manuel Rivas

O río da vida e da morte. Unha moza lavandeira que le nas marcas da auga a historia da súa xente. Despois da auga que fecunda a memoria, axiña aparecerá un fogo destrutor, as labaradas do odio... Así comeza Os libros arden mal, a agardada novela de Manuel Rivas que se desenvolve nun período que vai do 1881 deica os nosos días, entre o falecemento de George Borrow e o dun vello ...

Editorial:
Xerais de Galicia, Edicions
ISBN:
978-84-9782-461-3
Páginas:
752
Encuadernación:
Rústica
29,95 €
28,45 €
IVA incluido
Disponible
Añadir a favoritos

Sinopsis

O río da vida e da morte. Unha moza lavandeira que le nas marcas da auga a historia da súa xente. Despois da auga que fecunda a memoria, axiña aparecerá un fogo destrutor, as labaradas do odio... Así comeza Os libros arden mal, a agardada novela de Manuel Rivas que se desenvolve nun período que vai do 1881 deica os nosos días, entre o falecemento de George Borrow e o dun vello anarquista galego chamado Polca. Esta obra, como moitos dos personaxes que a habitan, podería levar tatuada na pel aquel sobre aviso que Luís Vives transmitiu a Erasmo: "Non se pode falar nin calar sen perigo". A protagonista principal é a linguaxe, as verbas que forman parte do corpo, a igual que os ósos, os ollos e os dedos. A loita entre as palabras feitas para dominar, e as palabras eivadas. Entre a linguaxe do poder autoritario e a linguaxe que sobrevive na penumbra. A linguaxe bélica e o latexo dionisíaco da fala popular. A linguaxe dogmática da relixión e a fala carnal e erótica do entroido. Unha obra que intenta pescudar, por un camiño interior, de intersticios, con sutileza e sen dogma, no inexplicábel histórico.

A estrutura desta novela semella o dunha esfera armilar, composta por moi diferentes órbitas nas que os astros, ademais das vidas humanas, son os libros, as pertenzas, os animais, as plantas, e as palabras, elas mesmas a moverse como seres vivos. Unha esfera armilar tamén no entrelazar de xéneros, cunha órbita maior, a ficción narrativa a xeito de thriller, no que o caso central é a historia dramática da cultura, que contén en círculos concéntricos a poesía, o ensaio histórico, a crónica xornalística, formas de literatura popular como as novelas do Oeste. Unha esfera tamén que entrelaza multitude de voces, nunha escrita encarnizada, sempre en vilo, que vai e vén entre os territorios da dor e o gozo erótico.

Artículos relacionados

Arcano Vikingo -5%

Arcano Vikingo

Rl Bagües

Impresión bajo demanda ...

Disponible
43,95 €

41,75 €

La Barraca -5%

La Barraca

Vicente Blasco Ibáñez

Impresión bajo demanda ...

Disponible
14,34 €

13,62 €

Sangre y Arena -5%

Sangre y Arena

Vicente Blasco Ibáñez

Impresión bajo demanda ...

Disponible
17,22 €

16,36 €

Extra?O Caso de un Ni?O Normal y Corriente, el -5%

Extra?O Caso de un Ni?O Normal y Corriente, el

Susana Rico

Mateo es un niño como cualquier otro hasta que una revisión médica revela algo fuera de lo normal. Médicos, enfermeras y hasta la policía se verán envueltos en el caso más extraño (y divertido) que jamás haya ocurrido en un hospital. Mateo es un niño como ...

Disponible
10,95 €

10,40 €

Amor Como Milicia -5%

Amor Como Milicia

Javier Lorenzo Candel

Javier Lorenzo Candel muestra, en este nuevo libro, un cambio hacia temáticas menos transitadas en sus anteriores publicaciones. En esta ocasión es el amor el tema central, cultivado este con el esfuerzo, la resistencia y la valentía, y apareciendo como u ...

Disponible
12,00 €

11,40 €

Sisley -5%

Sisley

Guillaume Morel

Descubra la obra de Alfred Sisley, pintor y grabador impresionista británico. Nacido en Francia de padres ingleses expatriados, pasó allí la mayor parte de su vida. Alfred Sisley fue sin duda el impresionista que se mantuvo más fiel a los principios más p ...

Disponible
9,95 €

9,45 €

Otros libros del autor

As Voces Baixas. -5%

As Voces Baixas.

Manuel Rivas

Esta obra é unha construción de humor e dor. Unha novela da vida para chorar e rir. Quen son as voces baixas? Son as criaturas, os nenos e nenas, as mulleres que falan soas, os mortos, os animais... É a ironía a que sostén as palabras, a que terma das «voces baixas» para que non se afundan, para que resistan e mesmo procuren unha segunda vida á marxe das relacións de dominio e ...

Disponible
20,50 €

19,48 €

Todo Ben. -5%

Todo Ben.

Manuel Rivas

Todo ben ábrese coa noticia do asasinato de Andrés Fingoy, un rico emigrante galego aspirante á presidencia do Flamengo, no estadio de Maracaná do Río de Janeiro. Na noticia incúlpase como principal sospeitoso ao xornalista Marcos Andrade, un náufrago e poeta namorado do fútbol. Logo de intentar cambiar o mundo en varias aventuras periodísticas en Galicia, Marcos Andrade decid...

Disponible
13,50 €

12,83 €

A Boca Da Terra. -5%

A Boca Da Terra.

Manuel Rivas

A d'A boca da terra é unha poesía de natureza insurxente. Porque aquí a natureza fala, murmura, berra ou xura con ironía no eco das campás. Tamén se agocha nas ruínas e aluca, sentinela, o pasar dos camiños. Lembra e soña: corren por estes eidos cabalos de cores insubmisas, a liña do horizonte está á espreita dun temporal de bolboretas. Esa natureza insurxente abrangue as perso...

Disponible
15,50 €

14,73 €

Vivir Sen Permiso e Outras Historias de Oeste. -5%

Vivir Sen Permiso e Outras Historias de Oeste.

Manuel Rivas

Este novo libro de Manuel Rivas contén tres historias que, ao xeito da serie negracriminal, retratan un tempo histórico onde se acrecenta o poder das mafias, da cobiza, do diñeiro sucio e da corrupción. Mais tamén son historias que nos mostran a condición humana situada no límite, relatadas desde a maxia literaria dunha escrita impactante, poderosa e directa. En «O medo dos ou...

Disponible
18,95 €

18,00 €

O Heroe. -5%

O Heroe.

Manuel Rivas

Arturo Piñeiro, alias Caronte, ex lexionario, ex boxeador coñecido como Robinson, atende a barra de La Boîte de Pandora, un bar portuario, onde se ofrece como atracción especial combates de boxeo e loita libre, que se abren e pechan cos fados que interpreta Lucía, a súa dona. Todo se axitará na penumbra do local coruñés coa presenza dos Homes de sombra e coa chegada agardada de...

Disponible
19,95 €

18,95 €

A Man Dos Paíños. -5%

A Man Dos Paíños.

Manuel Rivas

Unha maneira perturbadora de definir Galicia sería falar dun país productor de emigrantes e náufragos. Eles son os protagonistas de A man dos paíños, os heroes correntes dunha identidade solapada, ocultada a cotío por mor dos virus que borran a memoria. Emigración e naufraxio son experiencias que nos levan a un espacio fronteirizo, de loita pola supervivencia e tamén de renacer...

Disponible
20,50 €

19,48 €