0
CONTOS DA CORUÑA.
-5%

CONTOS DA CORUÑA.

XURXO SOUTO

20,95 €
19,90 €
IVA incluido
Disponible
Editorial:
XERAIS DE GALICIA, EDICIONS
ISBN:
978-84-9782-633-4
Páginas:
264
Encuadernación:
Rústica
20,95 €
19,90 €
IVA incluido
Disponible
Añadir a favoritos

Xurxo Souto convida aos lectores de Contos da Coruña a unha apaixonante viaxe ao fondo da memoria desta cidade e dos seus barrios populares, As Xubias, Eirís, Os Castros, A Gaiteira, Oza, O Montiño, Monelos, Elviña, Fontán, San Roque, O Labañou, que resumo son da Galicia toda. A Coruña que Xurxo Souto contempla colectivamente tracexada como unha cidade de músicos e navegantes, entre o palco da festa e o peirao do Muro, polo toque do acordeón e o golpe de mar.

Xurxo Souto descúbrenos unha cidade inédita para os medios de comunicación: a Coruña como unha cidade atlántica (onde sopra o vento de Nova York), enxebre e cosmopolita; como unha pedra chantada no océano; como unha cidade que naceu do mar e no mar ha ter o seu futuro.

Contos da Coruña é un primeiro e único manual de épica cascarilleira. Velaquí as grandes historias de heroes anónimos da Coruña como o Periquete, o patrón máis novo que mandou un pesqueiro de altura; os percebeiros da Punta Herminia; Pucho Boedo e Sito Sedes, cantantes preciosistas; o ciclista Clemente; ou Manuel Cajaraville, o gran bailador de Aturuxo e Cantigas da Terra. Velaquí un periplo tasqueiro insólito, que nos leva dende o Bar Los Claveles, sede do esplendor da tapa de orella prensada, ata A Toquera, refuxio de mariñeiros, ou á apoteose de os Peteras dos Belés, taberna fermosa no medio das torres de Monelos. Velaquí un libro que recolle tamén a primeira antoloxía do cantigueiro cascarilleiro, inzada de emocionantes repichocas e cantareas de historias lindas da memoria popular.

Contos da Coruña é, pois, un convite fraternal para armar un poderoso periplo tasqueiro no que procurar toda a xenerosidade gastronómica das nosas comarcas e das terras estremeiras de Galicia, agora felizmente cartografadas nos bares, tascas, baiucas e adegas do vello plano da Cidade do faro. Contos que arroutan o peito e aclaran a gorxa para nos dicir quen somos e que facemos neste curruncho da Humanidade ao que ben chamamos Galicia.

Artículos relacionados

  • ELS VIRREIS -5%
    ELS VIRREIS
    DE ROBERTO, FEDERICO
    Els virreis (un veritable serial televisiu "avant la lettre") podria ser la contrafigura d El Gattopardo. Escrita seixanta anys abans i ambientada a la segona capital de Sicília, Catània, encarna com cap altre text el doble ocàs que hi va portar el Risorgimento: el de la novel la de fulletó a la francesa i el de la dinastia dels Borbons al Regne de les Dues Sicílies. Una obra m...
    Disponible

    22,50 €21,38 €

  • LA BRUJA POCHA -5%
    LA BRUJA POCHA
    JOSE CARLOS ANDRES, CRISTINA QUILES
    210 ...
    Disponible

    15,00 €14,25 €

  • ANDALUCÍA -5%
    ANDALUCÍA
    MICHEL DEL CASTILLO
    LOS VIAJEROS ...
    Disponible

    17,90 €17,01 €

  • TAROT Y CIENCIA. UN IMPROBABLE PARALELISMO MITOLÓGICO -5%
    TAROT Y CIENCIA. UN IMPROBABLE PARALELISMO MITOLÓGICO
    FOFFANI, GUGLIELMO
    Disponible

    14,00 €13,30 €

  • EL VIAJE DE LAS MOMIAS CANARIAS -5%
    EL VIAJE DE LAS MOMIAS CANARIAS
    ANTONIO TEJERA GASPAR
    Disponible

    22,26 €21,15 €

  • PARZIVAL -5%
    PARZIVAL
    VON ESCHENBACH, WOLFRAM
    Este poema es el último y esencial eslabón del ciclo novelesco en torno al grial. El autor completa la historia que Chrétien de Troyes dejó inacabada e introduce una transformación simbólica que afecta a todo el sentido de la leyenda. Además, la ampliación del argumento y la nueva complejidad de los personajes hacen de Parzival una de las grandes creaciones épicas de la Edad Me...
    Disponible

    26,00 €24,70 €

Otros libros del autor

  • A GRAN TRAVESÍA DE CHIRUCA MACALLÁS -5%
    A GRAN TRAVESÍA DE CHIRUCA MACALLÁS
    XURXO SOUTO
    O arrastreiro Macallás sae das Arneiras, a cidade da Torre e da area do Berbés. O seu destino: Rockall, rocha perdida, entre Escocia e Islandia. O Con de Marín, tal lle din pola nosa ribeira. Manda na ponte unha muller, Mercedes, patroa de pesca e, antes, famosa vocalista do conxunto ForzA dozZE! É unha marea ben curiosa. Entre lance e lance, a mariñeira heavy vai entrar en tra...
    Reimpresión

    18,95 €18,00 €

  • TRES TREBÓNS. -5%
    TRES TREBÓNS.
    XURXO SOUTO
    "Tres trebóns" de Xurxo Souto reúne cinco relatos ("As fontes de Compostela", "A pesca do Mar-rau", "Aldea terremota", "A voda máis bonita do mundo" e "A marabilla de Barna") presididos todos eles polo sabor salgado do mar e polo ritmo cantareiro da música da repichoca. Para Fran Alonso, autor do limiar, "estas historias están cheas de repichocas, ese fabuloso berro ancestral i...
    Disponible

    20,50 €19,48 €

  • CONTOS DO MAR DE IRLANDA. -5%
    CONTOS DO MAR DE IRLANDA.
    XURXO SOUTO
    Disponible

    22,95 €21,80 €

  • SOMOS UN POBO DE ARTISTAS. O MÉTODO LUÍSA VILLALTA -5%
    SOMOS UN POBO DE ARTISTAS. O MÉTODO LUÍSA VILLALTA
    XURXO SOUTO
    O primeiro monumento da literatura galega son as cantigas medievais. Os "Cantares Gallegos" de Rosalía son o gran referente do Rexurdimento. Cantigas e cantares. Non obstante, a música sempre estivo ausente nas clases de literatura.En 1999 Luísa Villalta publicou "O outro lado da música, a poesía", libro-referente, onde puxo en valor a mutua atracción que senten entre si ambas ...
    Disponible

    18,95 €18,00 €