
- Editorial:
- XERAIS DE GALICIA, EDICIONS
- ISBN:
- 978-84-9782-063-9
- Páginas:
- 232
- Encuadernación:
- Rústica
OBRA NARRATIVA DE CELSO EMILIO FERREIRO.
CELSO EMILIO FERREIRO / MÓNICA GÓÑEZ SILVA
Obra narrativa contén os dous únicos libros de ficción en prosa que publicou Celso Emilio Ferreiro, agora reunidos nun único volume: A ftonteira infinda (1972) e A taberna do galo (1978). Ambos os dous permiten coñecer moito máis a fondo o grande autor que foi Celso Emilio, defensor dos homes e da humanidade, fustrigador sempre da inxustiza en calquera das súas caras. Este é tamén o espírito que caracteriza as súas obras en prosa.
A ftonteira infinda (1972) é un libro de relatos tremendamente orixinais, de anécdota americana; e as divertidas páxinas de A taberna do galo (1978) compúxoas o autor con fragmentos tirados dun libro que nunca rematou.
Obra narrativa, en edición de Mónica Góñez, ofrécelles aos lectores a prosa dun dos escritores máis intensos e deslumbrantes da literatura galega.